Site icon Crónica3.com A Mariña

O 15 de agosto celebrarase a 5ª Carreira Popular “Concello de Foz”


O vindeiro 15 de agosto celebraremos en Foz a 5ª Edición da Carreira Popular
“Concello de Foz” que trancorrerá a través do Paseo de Malates. Bordearemos
a ría ata case chegar á praia dos Fondás. Establécense varias categorías:

Sub 12: 800m
Sub 15: 1,6 km
De 16 a 25 anos: 7,7km
De 26 a 35 anos: 7,7km
De 36 a 45 anos: 7,7km
Máis de 45 anos: 7,7km

A inscrición, para que é obrigatorio presentar o DNI, realizarase no Campo
de Fútbol Municipal de Malates, de 9:15h. a 10:15h. e a Carreira comezará ás
10:30h. deste mesmo lugar.

Haberá trofeos ao corredor máis novo/a, máis veterano/a, mellor
clasificado/a nativo/a de Foz e gañador absoluto en categoría masculina e
feminina. Así como medallas para o 1º, 2º e 3º clasificado/a de cada
categoría.

Exit mobile version