Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación O Mundo de Galea promove a celebración do Día do Mariscal en Alfoz

X DIA DO MARISCAL EN GALEA

O vindeiro día 18 celébrase o Día do Mariscal, efeméride que, promovida pola Asociación O Mundo de Galea, chega á súa X Edición. Acaso única do seu xénero en Galicia, a solemnidade e brillantez dos actos marcan cada ano un fito nas celebracións socio-culturais do noso contorno. O feito mais lucido é sen dúbida o cerimonial de investidura de Donas de Sabela de Castro e Cabaleiros do Mariscal, galardóns que recaen en persoas que pola súa prominencia social, intelectual, ou empresarial (nunca política) dan prestixio e nome á nosa bisbarra. Actualmente son medio cento as persoas que forman na Orde ás que nesta ocasión van engadirse as seguintes: Marisol Moreda, escritora e presidenta da Fundación Herederos de la Mar; Ilmo. Sr. Don José Manuel Romero Moreno, Conde de Fontao; Otero Regal e Carlos Folgueira, fillo (rei das Tartas), que plantarán senllos castiñeiros no Souto do Mariscal.

Poden asistir cantas persoas o desexen ós actos que incluen xantar, ceremonia de investiduras co rito medieval, breve recital de canto con acompañamento musical,

Para toda información e reserva de tarxetas aos teléfonos 667 63 59 36 ou 628 81 53 71.

Exit mobile version