O lugués Hugo ficha polo equipo laranxa
Hugo, que foi presentado polo Presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Ramón González Casas, advirte que a nivel individual pretende “aportar traballo ao grupo, moito sacrificio e esforzo, tanto nos adestramentos como en cada partido”. O presidente confesou sentir unha profunda satisfacción porque “incorporamos ao proxecto xente da terra que nos aporta grandes posibilidades y un futuro prometedor”. Na mesma liña, o ex de Azkar, Benicarló e Marfil, sinalou que “somos un grupo novo e debemos ser ambiciosos, saíndo cada partido sen renunciar a nada”.
No palmarés de Hugo figuran entre outros os campionatos de España sub-18 con Galicia no 2008 e o de España sub-20 no ano 2009 que se disputara en Santiago de Compostela.
Por último, o lugués quixo pór énfase na afección: “o ambiente en Vista Alegre é espectacular. Tocoume sufrilo en contra cando estaba en Azkar e gozar dunha grada similar tamén en Benicarló. Estou realmente contento por ter a oportunidade de gozar de Vista Alegre cada quince días”.