Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG homenaxe en San Cibrao a persoas e familias represalidas polo levantamento fascista do ano 1936

O BNG HOMENAXEA EN SAN CIBRAO AS PERSOAS E FAMILIAS REPRESALIADOS POLO LEVANTAMENTO FASCISTA DE 1936 NO “DÍA DA GALIZA MARTIR”
Estúa afirma que facer memoria e homenaxear aos esquecidos é importante para saber de onde vimos e a onde non debemos volver.
A placa de homenaxe mercada con aportacións populares cambiará lugar ao cambiar de propietarios a vivenda onde estivo situada nos últimos 10 anos.
Cervo, 14 de agosto de 2012. O BNG promove no “Día da Galiza Martir” un acto de homenaxe as persoas que defenderon no concello de Cervo o sistema democrático republicano tras o levantamento fascista de 1936. Para os nacionalistas é de xustiza ofrecer a nosa gratitude a todas aquelas persoas que con moito sufrimento para elas e as súas familias defenderon os ideais republicanos diante do feroz levantamento fascista do ano 36 que desembocou nunha guerra fratricida e nunha brutal represión contra os vencidos. Da represión franquista en Cervo dan conta os datos publicados nos que figuran mais de 60 persoas entre executadas con xuizo, paseadas, sentenzas de cadea perpetua, prisión en diferentes graos, traslados a campos de concentración, falecidas en combate ou expedentadas. O Portavoz municipal Xoán Antón Estúa García, pediu desculpas previas por se faltaran nomes ou houbera erros nos datos que foron recollidos de fontes xa publicadas.
Terceiro homenaxe e cambio de lugar da placa de homenaxe manténdose aínda así a Praza do Lugar como símbolo de agradecemento.
Segundo explicou o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa García, sería a terceira ocasión que en Cervo se fai esta homenaxe, sempre promovida polo BNG, xa que na primeira en 2002 a placa de homenaxe foi destruída na mesma noite da súa colocación, posteriormente mercouse outra de bronce con aportacións populares e agora cambia de lugar ao cambiar de propietarios a vivenda onde estivo colocada nos últimos 12 anos que foi propiedade de familiares de represaliados polas súas ideas políticas e pasará agora a outra na mesma Praza do Lugar de San Cibrao dunha familia que ao igual que a anterior, tamén sufriu a represión franquista. Estúa engadiu que nesta praza tamén viviu ate o seu fusilamento o alcalde Benito Colín Veiga, executado xunto co secretario do concello, Xosé Mª Correa Miranda o 10 de decembro de 1936.
Facer memoria e homenaxear aos esquecidos é importante para saber de onde vimos e a onde non debemos volver, esta xente debería formar parte do nomenclátor das rúas e prazas do concello.
Para o BNG con estes actos preténdese recuperar a memoria histórica dos esquecidos porqué saber de onde vimos é importante para saber a onde non debemos volver, neste sentido Estúa afirmou que non se trata de levantar vellas feridas senón de dar conta do que pasou para lembrar e honrar a aqueles e aquelas a quen a historia esqueceu e só quedaron na memoria dos seus familiares. Xoán Antón Estúa afirmou que “sería moi positivo que se abrira o nomenclátor das rúas e lugares do concello a estes veciños e veciñas de Cervo que defenderon os ideais democráticos fronte a unha ditadura militar, neste sentido instou á corporación municipal a telos en conta para as rúas e prazas do noso concello. Por último, o portavoz nacionalista agradeceu á familia Abad Fra o consentimento para a colocación da placa na fachada da súa vivenda e lembrou que o seu proxenitor Antonio Abad Gómez que exerceu de panadeiro en San Cibrao durante moitos anos e antes tivo que sufrir a represión cunha condena a cadea perpetua. Igualmente lembrou a memoria de Maruja Trelles, tamén familia de represaliados políticos, que prestou xenerosamente a súa vivenda durante 12 anos para que fose colocada alí a placa que agora cambia de lugar.

Programa:
20:00 hras. DESCUBRIMENTO DA PLACA CONMEMORATIVA POR PERSOAS DO CONCELLO.
INTERVENCIÓN DO PARLAMENTARIO MANUEL PARGA NÚÑE
INTERVENCIÓN DO PORTAVOZ MUNICIPAL XOÁN ANTÓN ESTÚA GARCÍA
20:00 hras. MESA REDONDA COA PARTICIPACIÓN DE:
JAVIER RIVERA – XORNALISTA DE S. CIBRAO
ROBERTO PÉREZ VILA – DESCENDENTE DO MESTRE DA PARROQUIA DE RÚA, JULIÁN PÉREZ PALACIÓS REPRESALIADO POLÍTICO.

Exit mobile version