O burelés Bruno Valle acada a 1ª praza de trombón de jazz no prestixioso “Musikene” do País Vasco
Bruno Valle entrou e formouse no xénero do jazz da man do saxofonista Roberto Bouça e do vibrafonista Israel Arranz, quenes, en palabras do propio Valle: “foron os meus mentores”. Ademáis, a súa andaina coa Burela Blues Band foille contaxiando máis a ilusión por este xénero musical. Asímesmo, Valle afirma que a asistencia e as clases do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela foron críticas para a súa formación como trombonista de jazz cos diferentes profesores do seminario, en especial co profesor de trombón Roberto Pacheco. Paralelamente, Valle estudou no centro compostelán de jazz “Estudio, escola de música” con profesores como Javier Constenla, tamén profesor do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela.
Dende a Asociación Mariña Jazz queremos felicitar a Bruno Valle e transmitir públicamente a nosa satisfacción por esta nova, un feito máis que demostra bo ambiente e nivel jazzístico e de música moderna que se está a vivir na comarca de A Mariña lucense.