Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS pon a disposición dos socios os carnés da nova tempada

OS CARNÉS DE SOCIO/A 2012-13 ESTARÁN DISPOÑIBLES DENDE O LUNS 3, NA OFICINA BURELISTA

Dende o próximo luns, 3 de setembro, os carnés de socio/a da nova tempada laranxa, que comezará o día 15 en Vista Alegre (Burela FS-Manacor), estarán dispoñibles na oficina do CD Burela FS Pescados Rubén (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

O horario de atención será de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas.

En 2012-13, cos equipos masculino e feminino na Primeira División, conservaranse as tarifas convencionais, de idade adulta, o Abono Simple (75 euros) e o Abono Dúo (125 euros); este último ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club laranxa modifica lixeiramente o Abono 25 (40 euros), destinado a persoas entre os 19 e os 25 anos, e reincorpora o Abono 18 (de 14 a 18 anos), por tan só 20 euros para toda a tempada. Tamén se conserva, sen modificacións, o Abono de Xubilado (60 euros).

Na páxina web do CD Burela FS, xa teñen á súa disposición o formulario de socios/as 2012-13, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio. Para máis información, poden acudir á sede laranxa ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.

Entradas para non socios

Os prezos das entradas para os non socios serán de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-18 anos) euros para presenciar os encontros de liga na Primeira Masculina e 5 euros (tan só aldultos/as) na Primeira Feminina.

Exit mobile version