Antes desa cita terá lugar unha charla informativa na que se vai a explicar exclusivamente en que consiste a vía da Arbitraxe de Novagalicia Banco para a reclamación das Participacións Preferentes. Será na Casa da Cultura de Foz o venres día 3 ás 20:00h. Está charla será impartida por Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia. Vai dirixida exclusivamente a afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco que se queiran informar máis polo miúdo en que consiste esta vía. E importante asistir, solventará moitas das dúbidas que se poden plantexar.