Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros confirma que a calidade da auga das súas praias é excelente

A CALIDADE DA AUGA NAS PRAIAS DE BARREIROS É EXCELENTE. ASÍ O CONFIRMAN AS ÚLTIMAS ANÁLISES REALIZADAS POLA XUNTA HAI UNS DÍAS. FUENTE PARGA FAI UN BALANCE POSITIVO DO VERÁN, A PESARES DAS LIMITACIÓNS ECONÓMICAS COAS QUE SE AFRONTOU ESTA CAMPAÑA.

Barreiros, 24 de agosto de 2012. O Concello de Barreiros confirma que a calidade da auga das súas praias é excelente, segundo se desprende das analíticas realizadas pola Xunta.

O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que “segundo a últimas análises realizadas o día 13 deste mes de agosto a calidade da auga de baño das nosas praias resulta excelente ao igual que ocorreu no ano 2012. Pódese comprobar o que estamos a decir na páxina do Sergas que a continuación se menciona. http://www.sergas.es/ZONABA_GIS_WEB/Mapa.aspx?IdPaxina=62539 Nesta páxina poden descargarse todos os datos”.

Fuente Parga di que “todas as críticas dirixidas contra a salubridade da auga de baño por parte dos partidos políticos da oposición son falsas segundo se pode comprobar accedendo a eses datos. Estas acusacións o único que persiguen é perxudicar o noso concello, o crear unha falsa alarma sobre o estado das nosas praias”.

O rexedor engadiu que “agora que estamos a rematar a campaña estival 2012 temos que decir que ata o de agora foi un dos veráns con mais visitantes no noso concello. E ata o de agora coas limitacións económicas que provocaron a menor contratación de socorristas, así como menor número de efectivos na limpezas das prais, facemos unha valoración positiva, a pesares dos problemas xurdidos a pasada fin de semana no abastecemento de auga, e que foron debidos en grande medida, a dous factores fundamentais: o grande consumo nas duchas das praias como consecuencia das altas temperaturas rexistradas na costa de Lugo, e as obras de mellora da rede que se están a realizar, e que non podian ser noutras datas”.

Exit mobile version