Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela asinará convenios con tres entidades deportivas para a explotación de publicidade

O CONCELLO ASINARÁ CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON TRES ENTIDADES DEPORTIVAS PARA REGULAR A COLOCACIÓN E EXPLOTACIÓN DE PUBLICIDADE ESTÁTICA NOS RECINTOS DEPORTIVOS E A EXPLOTACIÓN DOS AMBIGÚS, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR O EQUIPO DE GOBERNO.

Burela, 17 de agosto de 2012. O Concello asinará convenios de colaboración co Burela FS, coa SD Burela e coas escolas deportivas Porto de Burela para regular a colocación e explotación de publicidade estática nos recintos deportivos e a explotación dos ambigús que hai tamén en ditos recintos. O anuncio facíano este mediodía desde o equipo de goberno. Ademáis nestes días operarios municipais están levando a cabo labores de acondicionamento máis amplas que as habituais no recinto do campo de herba natural da Marosa.

Desde o equipo de goberno sinalaron que “nos últimos días operarios do Concello de Burela están levando a cabo labores de acondicionamento máis amplas das habituais nas instalacións deportivas da Marosa, en concreto no recinto do campo de herba natural. Estas actuacións consisten fundamentalmente no pintado de vallas, reposición de alicatados interiores nas duchas, reposición e renovación de elementos de fontanería e na próxima semana se vai proceder tamén a preparar o terreo de xogo para telo nas mellores condicións posibles de cara ao inicio da competición. De feito durante esta temporada faranse varios abonos do céspede e vanse retirar herbas malas que impiden o seu crecemento e perxudican ao terreo de xogo”. Todas estas actuacións están sendo costeadas polo Concello de Burela ou están sendo efectuadas por persoal do Concello “e no seu conxunto o que pretenden é facer unha posta a punto máis intensa do que se ven facendo xa dende hai un ano do recinto da Marosa”.

Os populares relataron que “a nova xunta directiva da Sociedade Deportiva Burela púxose en contacto con nós para que desde o Concello intentáramos facer todo o posible para acondicionar o campo e telo nunhas condicións óptimas de cara ao inicio da temporada. Este ano non vai ser posible facer un tratamento do terreo de xogo mais forte do que imos facer, pero de cara ao próximo verán sí está previsto acondicionar de forma mais intensa o terreo de xogo”.

O equipo de goberno lembrou que gran parte das instalacions tanto dos vestuarios como do propio terreo de xogo foron acondicionadas polo anterior equipo de goberno do Partido Popular “e resulta que durante catro anos prácticamente as labores de mantemento foron nulas. De feito o actual equipo de goberno tomou a decisión de poñer unha persoa, un membro da brigada de obras, con carácter estable durante todo o ano, polas mañás, para facer o mantemento do día a día nestas instalacións”.

Desde o equipo de goberno anuncian que “o Concello ten previsto asinar convenios de colaboración co Burela FS, coas escolas deportivas Porto de Burela e coa SD Burela para regular a colocación e explotación de publicidades estática nos recintos deportivos e a explotación dos ambigús que hai tamén en ditos recintos. Con esto pretendemos darlles facultades ás tres entidades para que exploten da forma máis rentable para eles a colocación de publicidade durante competeción oficial nos tres recintos deportivos”. E engaden que “evidentemente o Concello de Burela se reserva a potestade de poder colocar publicidade adicional ou ben de poder retirar publicidade, en caso da existencia dalgún tipo de litixio ou incidente que poida xurdir”.

Os populares indicaron que “esto estaba sen regular, non había ningún texto que regulase a explotación da publicidade estática. Nós entendemos que é bó facelo, tal e como o fai calquera clube deportivo que usa instalacións municipais, porque si fose doutra maneira poderíamos atoparnos desde o Concello con algunha dificultade engadida queremos evitar”.

No equipo de goberno tamén se referiron á explotación dos ambigús, dos bares que hai en calquera dos tres recintos deportivos, “a finalidade que pretendemos desde o Concello é a mesma, que sexan as tres entidades as que exploten de forma comercial esas instalacións, eses bares, e que busquen as fórmulas para sacarlle a maior rentabilidade posible. O Concello tamén se reserva a capacidade, de poder en calquera momento, en caso de posibles anomalías, rescindir o convenio ou adoptar as medidas oportunas para que as cousas se fagan dentro dun orde”.

O que pretenden os populares é “facilitarlle o uso das instalacións ás entidades deportivas e a posibilidade de que xeneren ingresos adicionais que doutro xeito sería difícil conseguir. Pensamos que é un paso adiante importante. A estas entidades non se lles cobrará absolutamente nada polo uso das instalacións, e en todo caso sería un prezo simbólico, como ocurre noutros sitios, un importe anual dun euro, por exemplo. A finalidade é colaborar cos clubes á hora facer un uso racional das instalacións deportivas, tendo en conta que son municipais e polo tanto propiedade de todos”.

Exit mobile version