Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo homenaxeou á S.D. Candelaria polos éxitos acadados nas últimas temporadas

O concello de Cervo homenaxea á S.D. Candelaria polos éxitos acadados nas últimas temporadas

-O acto foi un recoñecemento público ao traballo e ao esforzo de todas as persoas implicadas nos trunfos do equipo

Cervo, 18 de agosto de 2012-O Concello de Cervo homenaxeou esta tarde á Sociedade Deportiva Candelaria. Un acto co que a administración local quixo facer un recoñecemento público ao equipo polos éxitos acadados nas dúas últimas temporadas, lembrando o ascenso de terceira a segunda rexional e o seu mantemento nesta categoría na temporada pasada.

O evento tivo lugar o mesmo día da presentación do equipo para a nova temporada, e nel estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Deportes, Yolanda Pedreira e outros membros do goberno local así como xogadores, membros da directiva, afeccionados e veciños de Rúa que quixeron asistir a este evento para compartir os éxitos do equipo con todos os participantes.

O rexedor cervense destacou a “importante xesta que supón para un equipo ascender de categoría, e o traballo constante que implica”, por iso, Villares asegura que “todas as palabras de eloxio son poucas para referirse a un equipo como o S.D. Candelaria, que en dúas temporadas conseguiu primeiro ascender de división e despois manterse, grandes logros no mundo do deporte e do fútbol conseguidos con moito esforzo e ilusión”.

“Este recoñecemento é só un acto simbólico co que transmitir ao S.D. Candelaria todo o noso agarimo e as nosas felicitacións e, ao mesmo tempo, agradecerlle á directiva, ao equipo técnico, aos xogadores e a todo o persoal que fixo posible unhas temporadas excelentes o seu desvelo por ascender e permanecer en segunda”. Agora, o rexedor desexa que “continúen os éxitos para o SD. Candelaria e que nesta nova temporada podamos seguir falando de moitas vitorias e, por que non, dun posible novo ascenso”.

Exit mobile version