Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz acordou cos socorristas prolongar o servizo ata o 16 de setembro

NOTA DE PRENSA

22/08/2012. O concello chega a un Acordo cos socorristas (aprox. 16 socorristas e 4 sanitarios) para ampliar o servizo de vixilancia de praias 11 días máis, ata o 16 de setembro, cumprindo así unha petición do voceiro Socialista Xosé Ramón Val.

O Alcalde de Foz a petición do portavoz municipal do Psoe, Xosé Ramón Val, chegou a un acordo cos Socorristas e auxiliares para ampliar o servizo de vixilancia de praias 11 días máis dos 2 meses establecidos inicialmente, a cargo da partida que existe nos orzamentos para un plan de emprego, vixentes dende o mes de xullo.

Dita partida orzamentaria soportará tamén, o custe dos 10 operarios de limpeza de praias que o concello contratou para este verán, posto que non foron subvencionados polo plan de Cooperación da Consellería de Traballo, que sí financiou 11 dos 16 socorristas e 4 auxiliares sanitarios durante 2 meses.

Despois dunha reunión entre os portavoces do PP e Psoe de Foz, decidiron ampliar o servizo a cargo do citado plan de emprego, posto que a afluencia de turistas é importante nos areais focenses, e o sector turístico está sendo un dos motores económicos e dinamizadores do concello de Foz.

Este acordo pon de manifesto, a necesidade de entendemento entre os grupos da corporación para resolver situacións que afecten ao funcionamento correcto dos servicios municipais, neste caso o servizo de vixilancia de praias, na que o concello de Foz segue sendo , con estas decisións un referente na Mariña Luguesa.

Exit mobile version