Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz e La Caixa poñen a disposición do público un planetario no Cenima

O Concello de Foz e a obra Social de “La Caixa” poñen a disposición do público en xeral un planetario que se poderá visitar nas instalación do CENIMA de Foz os seguintes días e horas:

O Sábado 1 de setembro, e do martes 4 ao sábado 8 de setembro en sesión de 11.00, 12.00, 13.00, 18.00, 19.00 e 20.00 h. (A sesión completa durará aprox. 30 minutos).

En cada sesión poderán participar un total de 17 persoas que observarán: As constelacións, a orientación no ceo, movemento diario das estrelas e do sol, o desprazamento anual do sol, a variación anual da altura do sol, as dimensións do sistema solar, movemento dos planetas…

Exit mobile version