Site icon Crónica3.com A Mariña

O espírito laranxa entra en Francia

O ESPÍRITO LARANXA ENTRA EN FRANCIA

O espírito laranxa non ten límites, estase deixando ver e sentir cada vez con máis forza. O contaxio desa enerxía, desa ilusión e desa maneira de vivir o fútbol sala esténdese con celeridade. Xa superou as fronteiras galegas e españolas ata irromper, polo momento, en Francia.

Marc Greco, de Tolosa, apoiará o Burela FS Pescados Rubén en 2012-13, converténdose no primeiro socio laranxa dende o estranxeiro. A súa paixón polo deporte, o fútbol sala e, sobre todo, pola Mariña fixeron que entre a formar parte da gran familia laranxa no salto pleno da entidade á Primeira División. A partir de agora, o sentimento burelista axudaralle a este francés a sentirse un pouco menos lonxe da bisbarra e de Burela, terra onde pasou gran parte da súa infancia e xuventude e a onde regresa xunto á súa esposa, natural de Cangas de Foz, sempre que pode.

Quen sabe? Talvez esta sexa a primeira parada da conquista burelista na súa viaxe na máxima categoría.

SPOT CAMPAÑA 2012-13: Deixa que o espírito laranxa entre en ti!

Exit mobile version