Será o vindeiro domingo, día 26 de agosto, ás 21,30 horas, na Casa da Cultura de Alfoz. Nesta ocasión os actores don maiores que na primeira representación, pois trátase de alumnos de Bacharelato e Universidade. Un total de 14 rapaces (3 da ESO, 6 de Bacharelato e 5 de niveis educativos superiores) representarán a obra titulada “Diñeiro negro”, unha comedia con temática relacionada coa crise económica e os bancos. Logo, o venres día 31 de agosto, ás 22 horas, repetirán a representación na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” do Valadouro, iniciando a famosa Semana do Teatro do Valadouro.