Site icon Crónica3.com A Mariña

O IGC lembra aos afectados polas preferentes que poden solicitar arbitraxes nas súas oficinas e nas de consumo

O INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO LEMBRA AOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES QUE PODEN INFORMARSE OU SOLICITAR O ARBITRAXE NAS SETE OFICINAS DO IGC, NAS MÁIS DUN CENTO DE OFICINAS MUNICIPAIS DE CONSUMO DE TODA GALICIA E NAS ASOCIACIÓNS DE CONSUMIDORES

O Instituto, dependente da Consellería de Economía e Industria, está a reforzar a súa atención nas oficinas propias das sete cidades galegas para dar información e tramitar as solicitudes desta vía áxil e gratuíta
Na páxina do IGC (igc.xunta.es) pódese consultar o listado das máis dun centenar de Oficinas Municipais de Consumo que ofrecen información
Tamén facilítase aos afectados a posibilidade de descargar a solicitude de arbitraxe na web do Instituto e presentala no rexistro do seu concello

Santiago, 29 de agosto de 2012.- O Instituto Galego de Consumo lembra aos afectados polas participación preferentes interesados en pedir información ou solicitar a vía da arbitraxe, que poden facelo nas oficinas do IGC galegas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; nas máis dun centenar de oficinas Municipais de Consumo de toda Galicia; e nas Asociacións de Consumidores da comunidade.

O IGC está a reforzar o servizo do Instituto Galego de Consumo (IGC), dependente da Consellería de Economía e Industria, para ofrecer unha mellor atención aos afectados polas preferentes interesados en solicitar esta vía áxil e gratuíta. Para facilitar o acceso aos interesados en solicitar a arbitraxe, tamén pódese descargar a solicitude na páxina web do IGC (igc.xunta.es) e presentala cuberta en calquera oficina de Consumo, OMIC ou mesmo no rexistro do concello correspondente.

O executivo autonómico agarda que este soporte administrativo posto en marcha no IGC, que non ten custes para os afectados, permita reintegrar o antes posible o diñeiro depositado por aquelas persoas que adquiriron participacións preferentes con información deficiente ou debido a unha mala comercialización.

Exit mobile version