Site icon Crónica3.com A Mariña

O peche Enrique Cánovas, procedente de ElPozo, incorpórase á disciplina laranxa

O peche Enrique Cánovas, procedente de ElPozo, incorpórase á disciplina laranxa

O directivo Antonio Couto deulle a benvida ao CD Burela FS ao peche murciano Enrique Cánovas, de 23 anos, e que procede do ElPozo. Cánovas compaxinou na última tempada a participación no equipo de Segunda División con incorporacións ao primeiro equipo do ElPozo Murcia, un dos cadros punteiros de Primeira na LNFS.

Couto destacou a “calidade que atesoura este novísimo xogador” e afirmou ter unha “confianza enorme en que nos dará moitas alegrías”. Cánovas recoñece que a súa máxima ilusión é “asentar as bases do proxecto laranxa en Primeira” así como aproveitar a oportunidade para gozar de moitos minutos na máxima categoría “e mellorar día a día”.

Tampouco quixo esquecerse o peche murciano da afección, a que considera “fantástica”. “É un orgullo poder formar parte da familia laranxa e ter detrás a esta gran masa social”, engadiu.

Exit mobile version