Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o actual operativo contra incendios para este verán é similar ao de anos anteriores

A voceira de Montes, Emma Álvarez Chao indica que “falsean a realidade cando falan de recortes xa que a Xunta incrementou en 1,4 millóns os programas de actuacións forestais e 3,4 millóns en materia de prevención”

O PPDEG LAMENTA QUE O PSOE “SÓ LLE IMPORTE O MONTE PARA SAÍR NA PRENSA E PARA AVIVAR OS LUME CON MENTIRAS”

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012.- O PPdeG, a través da voceira de Medio Rural Emma Alvarez Chao, lamentou hoxe que ao PSOE “só lle importe o monte para saír na prensa e para avivar os lumes con mentiras” en relación as súas manifestacións sobre a política forestal da Xunta de Galicia. Alvarez Chao recordou que “o actual operativo contra incendios para este verán é similar ao de anos anteriores, sendo o número de xornadas efectivas nos montes galegos o mesmo que en exercicios pasados” polo que non entende as críticas socialistas “a non ser nun contexto de criticar por criticar ao goberno aproveitando unha coxuntura negativa como é a de unha desgraza como o incendio que aconteceu nos últimos días”.

Segundo Alvarez Chao “falsean a realidade cando falan de recortes xa que o orzamento destinado pola Xunta a programas de actuacións forestais e de prevención e defensa contra os incendios forestais medrou en 1,4 millóns de euros, sendo de 3,4 millóns de euros o incremento en materia de prevención”.

Alvarez Chao recordoulles aos socialistas, así mesmo, que Galicia é unha das poucas comunidades que incrementa fortemente o carácter estrutural do propio operativo antiincendios, creando 936 novas prazas de fixos-discontinuos e tendo a máis de 7000 persoas no verán custodiando os montes.

“Propoñen un pacto polo monte pero non teñen interese en manter acordos na ponencia da lei de montes e cando deberían estar manifestando a repulsa por quen atenta contra o monte, contra o patrimonio de tódolos galegos, só tratan de avivar o lume con reproches ao goberno” indicou a voceira de Montes.

Exit mobile version