Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés afirma que “a apertura do centro de día é unha magnífica noticia”

O PP burelés afirma que “a apertura do centro de día é unha magnífica noticia”.

Considera que “o traballo do alcalde e da concelleira de Servicios Sociais foi intenso e eficaz”.
Os populares pídenlle á oposición que recoñezan públicamente a importancia deste novo servicio social.

Burela, a 22 de agosto de 2012.- A agrupación local do Partido Popular de Burela valorou a través dunha nota de prensa a próxima apertura do centro de día do Centro de Formación Ocupacional como “unha magnífica noticia, que tén que alegrarnos como cidadáns e satisfacernos como membros do partido que sustenta o goberno municipal de Burela”.

Os populares bureleses consideran que “o traballo do alcalde, José María González Barcia, e da Concelleira de Servicios Sociais, Diana Durán, foi intenso e eficaz, porque gracias ás súas xestións faise realidade un proxecto que arrancou no último ano da anterior etapa de goberno do PP en Burela, e que non tivo a necesaria continuidade co bipartito”.

Desde o PP burelés, apuntan que “na situación económica actual, hai que poñer en funcionamento a imaxinación, e tamén facer as xestións necesarias con argumentos sólidos; e eso foi o que se fixo desde o goberno municipal, algo que hai que recoñecer porque é evidente”.

Ademais, os populares de Burela non esquecen as críticas recibidas desde os grupos da oposición, especialmente desde o Grupo Mixto e tamén por parte do parlamentario do BNG Manuel Parga, acerca da non apertura deste Centro de Día. “É o momento de que, desde a oposición, se recoñeza publicamente a importancia da xestión levada a cabo pero sobre de todo da importancia da apertura deste Centro. Cando se tén ánimo para criticar, tamén hai que ter a valentía de recoñecer cando se fan ben as cousas, pero sabemos que estas persoas non teñen categoría política suficiente para facer o que lles pedimos, en parte porque nin PSOE nin BNG durante catro anos de bipartito foron capaces de facer nada para abrir este novo servicio social”.

Desde o PP burelés, indican que “resulta evidente que os servicios sociais é unha prioridade para a nosa formación política e tamén para o alcalde e o seu equipo. A posta en marcha dun novo servicio é a proba palpable do que vimos de afirmar”.

Exit mobile version