O rexedor mindoniense unha vez máis desatende as demandas dos veciños e elude o seu deber como xestor
Orlando González desoe as peticións dos veciños de Viñas da Veiga ao solicitar o arranxo da súa rúa e ver reducido o abastecemento municipal de auga
Os residentes na zona de Viñas da Veiga pedíronlle en varias ocasións ao rexedor mindoniense a adecuación de dous baches na rúa Villalba, que afectan a seguridade dos veciños
Esta comunidade tamén está a sufrir unha baixada na presión da traída de auga municipal, probablemente debida ao abastecemento das piscinas, o que provocaría importantes custos para os veciños
Así mesmo, veciños desta comunidade están a sufrir, tamén sen resposta por parte do Concello, unha baixada de presión na traída de auga municipal. Segundo os populares, probablemente esta situación se deba ao abastecemento de auga nas piscinas municipais, por un incorrecto uso da traída municipal para abastecer de auga estas instalacións. Este feito pode chegar a provocar importantes custos para os veciños, poñendo en perigo as instalacións da caldeira privada de auga da comunidade.
Segundo lle trasladaron os veciños ao Partido Popular en conversacións coa portavoz, “a deixadez e o pouco compromiso, ademais de reiterados incumprimentos”, caracterizan a xestión do bipartito, que unha vez máis elude o seu deber como xestor.
Ante esta deixadez do goberno local de Mondoñedo, a portavoz popular recordou as grandes inversións feitas por parte dos populares nesta zona. Así, Mondoñedo ten catro edificacións de vivendas sociais, ademais do proxecto do barrio dos Muíños. O PSOE e o BNG dende que asumiron o poder non chegaron a materializar ningún deste tipo de proxectos, a pesar da bonanza económica que lles tocou xestionar. Este feito amosa un contraste na capacidade de xestión dos populares en comparación co BNG e o PSOE, que “non responden nin a petición de arranxo dun bache”.