Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo critica o resultados das obras na zona da catedral

Os populares critican que a xestión do rexedor mindoniense desincentive calquera iniciativa emprendedora na localidade

O PP de Mondoñedo considera “inaceptable” e “incomprensible” o estado que presenta o empedrado do entorno da catedral arranxado fai menos de catro meses e logo do diñeiro público invertido

O populares de Mondoñedo critican o pésimo resultado das obras acometidas na zona da catedral mindoniense, o que cualifican como un exemplo de dilapidación de diñeiro público

O Grupo Municipal do Partido Popular amosou en numerosas ocasións o seu descontento con esta obra, que ademais de inutilizar o espazo, tamén conleva problemas na regularización do tráfico

Mondoñedo, 28 de agosto de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo denunciará no próximo pleno municipal o mal estado que presentada o empedrado do entorno da catedral logo de ser arranxado fai menos de catro meses. O chan desta zona presenta pedras rotas e cun asentamento pouco firme pese ao pouco tempo que levan colocadas.

O pésimo resultado nestas obras é un exemplo de dilapidación de diñeiro público, segundo denuncian os populares. Polo tanto o Grupo Municipal do Partido Popular pídelle ao goberno de Mondoñedo que subsane as deficiencias do empedrado do entorno da catedral, e que evite así posibles danos aos transeúntes, ademais de ofrecer ao turista unha imaxe coidada de Mondoñedo.

O Partido Popular xa amosou en reiteradas ocasión so seu rexeitamento ao proxecto destas obras materializadas polo BNG e o PSOE nas zonas da catedral, o seminario e a Fonte Vella. Os populares consideran que esta obra inutilizou o entorno da praza do seminario, localización adecuada para a realización de eventos, como poden ser concertos ou feiras. A colocación de cadeiras e pedras sen utilidade definida neste entorno xa conlevou consecuencias negativas para os veciños, provocando choques de vehículos contra os bloques de pedra asentados na zona.

O Grupo Municipal do Partido Popular tamén critica que esta obra dificulte o aparcamento na localidade, sobre todo para os veciños destas rúas. Os populares denuncian que pese as demandas dos residentes, a día de hoxe o Concello non consensuou cos veciños un plantexamento serio en materia de tráfico.

Dado esta situación, os populares piden un maior compromiso coas demandas dos veciños e dos comerciantes da zona, xa que segundo denuncian dende o PP, a actitude de Orlando González esta dilapidando o pouco comercio local, ademais de desincentivar calquera iniciativa emprendedora que se amose para asentarse na zona.

Exit mobile version