Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo “recorda que a situación precisa de unanimidade”

O descontrol, o pouco traballo e a falta de compromiso definen a xestión do bipartito en Mondoñedo

 Ante a falta de información sobre o proxecto de solicitude dun obradoiro de emprego, que levou a pleno o bipartito; a portavoz do Partido Popular mantivo unha forzada reunión co rexedor local, co seu socio de goberno e con outros concelleiros, para solicitar documentación, que por dereito lle corresponde e de xeito sistemático se lle nega

 O Grupo Popular recorda que a situación que vive Mondoñedo precisa de unanimidade en moitos aspectos e unión por parte das forzas políticas. Sen embargo, os populares denuncian que o desgoberno do BIPARTITO fai imposible o entendemento

 Pese a esta situación, o PP local aínda quere tender a man e anuncia que vota a favor do proxecto de solicitude do obradoiro de emprego

Mondoñedo, 29 de agosto de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo, sufre unha vez máis as consecuencias do DESGOBERNO do equipo que está ao fronte da administración local. A menos de 20 minutos da sesión plenaria celebrada hoxe, os populares denuncian que non estivera completo o expediente de solicitude de subvención ao abeiro da orde do 27 de xullo do 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2012.

Os populares aseguran que a documentación que tivo no seu poder o partido que representan, o máis votado en Mondoñedo, é un documento de dous folios “onde poucas cousas están claras”. O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a falta de información e fixo fincapé en dúas dúbidas importantes: se o Concello ten a dispoñibilidade para a execución das actuacións nos inmobles e espazos aos que afectan (recorda que este proxecto se faría en Vilar e a concesión destes inmobles por parte dos propietarios estaría condicionada por un fin, nun tempo determinado); e se se pode comprometer a habilitar as aplicacións orzamentarias necesarias para os exercicios 2012 e 2013 e atender así a parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar. O populares tamén recordan que Mondoñedo está sometido a un reguroso plan de axuste e que calquera habilitación de gasto ten que vir paralela a un aforro.

Esta situación amosa o POUCO TRABALLO, DESCONTROL, E FALTA DE COMPROMISO DO BNG E DO PSOE COS MINDONIENSES.

A improvisación e a falta de estudio neste proxecto é similar ao día a día no concello de Mondoñedo. O Partido Popular recorda que o equipo de goberno leva máis dun ano e oito meses CO GASTO REPARADO, a pesar de seguir gastando diñeiro público en xestión e desprazando deste xeito os servicios municipais para o traballo diario. Así, dende o PP recordan o convenio asinado coa Deputación de Lugo para facer a contabilidade cando o resto de concellos da provincia emprega os funcionarios municipais para este fin. O bipartito gastou diñeiro na contratación dunha empresa externa, para continuar: CON ATRASO NA CONTABILIDADE, SEN ORZAMENTOS ACTUALIZADOS e CO GASTO REPARADO e do que ocupa neste momento, unha vez máis IMPROVISACIÓN EN EXPEDIENTES TAN IMPORTANTES COMO ESTE.

Sen dúbida, os populares aseguran que Mondoñedo e os mindonienses son os que sofren as consecuencias dun desgoberno.

Os populares votan a favor pensando no ben dos mindonienses

Priorizando a necesidade de postos de traballo, pensando no diñeiro público que teñen invertido as Administracións ó longo dos últimos anos neste proxecto de Vilar, o PP VOTOU A FAVOR DE SOLICITAR A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DA XUNTA DE GALICIA A SUBVENCIÓN MENCIONADA por importe total de 398420,10 euros.

Os populares consideran que é importante dar unha imaxe de unidade, neste punto, sendo conscientes de que a situación que está a provocar o bipartito na administración local mindoniense é INSOSTIBLE e a falta de CAPACIDADE E COMPROMISO resulta evidente en cada tramitación.

O PP agradece a dispoñibilidade dos alcaldes de Lourenzá e Barreiros por tramitar de forma conxunta un proxecto. Unha imaxe de traballo a copiar nun futuro.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Exit mobile version