Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro di que constata deixadez e nula capacidade de xestión o alcalde

O Partido Popular de Viveiro constata unha vez mais a deixadez e a nula capacidade de xestión do Alcalde Melchor Roel

O pasado sábado 18 de agosto o PP de Viveiro dábamos a coñecer unha serie de preguntas que imos a formular no vindeiro Pleno, relativas a unha franxa de terreo situada entre os edificios 35-37-39 da Avda de Ferrol e a carretera da variante ( onde antes se ubicaba a antigua discoteca de Verxeles) e os motivos polos que a día de hoxe esa franxa non é unha concesión municipal.

Pois ben unha vez investigado este tema, pensamos que xa temos a resposta, e esta non é outra mais ca deixadez, o engano e a inacción absoluta por parte do Sr. Roel. Para que isto quede claro, so basta con repasar o acontecido ata esta data:

As licenzas para a construcción destes edificios foron outorgadas no ano 2003

( obras que se realizaron en dúas fases).

A xunta de goberno acordaba o 26 de abril de 2006 solicitar dos promotores proxecto coa definición precisa da obra de urbanización. Os promotores aportaban este proxecto o 25 de agosto de 2006.

Case dous anos despois, a xunta de goberno na sesión do 26 de marzo de 2008 acordaba solicitar a Xefatura Provincial de Costas a concesión da franxa da que estamos a falar, xa que é un terreo de DPMT, acordo que se remitía o órgano competente o 11 de abril de 2008.

Uns días máis tarde, o 29 de abril de 2008, concedianse as licenzas de 1ª ocupación para os inmobles desta primeira fase, e alí se facía constar que non se debían facer soportar o promotor os prexuizos que se derivarían de non outurgar estas licenzas por mor de non ter rematadas as obras de urbanización, por canto tal circunstancia fora ocasionada en parte polo Concello ó non ter solicitado no seu día os terreos de DPMT a fin de facer posible a urbanización esixida ó promotor.

Ata o 2010 non se voltou a ter noticias do tema, é asi o 26 de xaneiro deste ano, a xefatura provincial de costas ( rexistro de entrada no Concello 569 con data do 1 de febrero de 2010 ) requerialle o Concello que subsanase un erro na documentación enviada, ós efectos de continuar coa solicitude de concesión de terreos de DPMT para creación de zona verde ( en concreto o problema viña dado porque a proposta de urbanización enviada polo Concello non resultaba axeitada, dado que os planos enviados non eran coincidentes co plano aportado por Costas).

Neste mesmo ano se otorgaban as licenzas de 1ª ocupación para os inmobles da segunda fase, pero estas outorgabanse por silencio administrativo ( unha figura administrativa moi do gusto do noso Alcalde, pero que a simple vista pode xerar moitas dúbidas sobre a súa legalidade).

No ano 2011, logo de varios escritos dos veciños e reunións con eles ( os que lles aseguraba que todo se resolvería en 15 días, aínda que algún puido comprobar na propia dirección provincial de costas que alí non se tiña entregado nada) e cos promotores non se avanzou no asunto.

E asi chegamos ata estas datas, onde os veciños das 200 vivendas e dos 10 locais comerciais siguen sin ver a zona axardinada por ningún lado, e pola contra ven como o que tiña que ser zona verde se convirte nun aparcadoiro incontrolado, aparte de que a zona está sin unha urbanización decente, apreciándose recheos de todo tipo e incluso soleiras de formigón.

As suas demandas siguen sin ser atendidas, e o que é peor, a solicitude da cesión desa franxa de DPMT a favor do Concello, 4 anos despois, sigue sin ser resolta polo abandono e a deixadez do Sr. Roel, coa imposibilidade de que os promotores a poidan urbanizar, ou o que resulta máis grave, que ante calquera problema ou incumplimento no uso desa franxa que puidera xurdir, a Xefatura Provincial de Costas, podería chegar a prohibir o paso pola mesma os propios donos das vivendas, cos conseguintes perxuizos que este feito orixinaría.

Dende o grupo do PP de Viveiro, instamos unha vez máis ö Sr. Alcalde que traballe por e para defender os intereses dos veciños e veciñas de Viveiro, que non os engane e lles de unha solución axeitada as súas demandas.

Exit mobile version