Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que a Deputación tamén fai recortes

O secretario xeral dos populares lucenses defende a xestión da Xunta na Mariña dado que multiplicou por dous o compromiso inversor con respecto ao último goberno bipartito autonómico

O PP di que Besteiro non é o máis indicado para dar leccións e pide que explique os recortes impostos pola Deputación

Negativa á ampliación do Museo provincial do Mar, insuficientes axudas ás confrarías, negativa a apoiar os servizos sociais, entre os principais recortes do Executivo que preside Gómez Besteiro aos que hai que sumar a mala xestión en materia de desbroce e conservación da rede viaria provincial.

Lugo, 29 de agosto de 2012.- O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro Orol dixo hoxe que Jose Ramón Gómez Besteiro non é a persoa máis indicada para dar ningún tipo de lección en materia de xestión das administracións públicas e esixiulle que explique os recortes que está a impoñer o goberno bipartito que el preside desde a Deputación de Lugo na Mariña lucense.

A XUNTA MULTIPLICOU POR DOUS O COMPROMISO INVERSOR

Balseiro asegurou que fronte o compromiso inversor da Xunta, materializado nun incremento do 50% nos orzamentos destinados á Mariña de Lugo, a Deputación está a ser protagonista de importantes recortes en áreas tan sensibles como os servizos sociais, culturais ou o no apoio aos sectores estratéxicos da comarca como pode ser o da pesca.

O dirixente popular lembra que mentres que no 2012 a Xunta achega 35,7 millóns de euros para obras ou servizos con destino concreto na nosa comarca, os últimos presupostos elaborados polos socialistas e nacionalistas -en 2009- só eran de 14,9 millóns de euros, menos da metade.

Exit mobile version