MARIO COTO FIXO UN BALANCE MOI POSITIVO DA XXII SEMANA NÁUTICA QUE REMATOU O MÉRCORES COA ENTREGA DE PREMIOS. “O REAL CLUB NÁUTICO DE RIBADEO É IMPARABLE”, SEGUNDO O SEU PRESIDENTE QUE SUBLIÑOU QUE NESTE 2012 HOUBO MÁIS PARTICIPACIÓN NAS REGATAS QUE NUNCA ANTES AO IGUAL QUE NA FESTA DO SOCIO.
O responsable do RCNR dixo que “o balance deste ano non pode ser máis positivo. Eu creía que o ano anterior xa tocáramos teito polo ben que saíra, polos eventos e a regatas que se fixeran. Entón dixen que era casi insuperable o ano pasado. E este ano eu quedo asustado do que estamos emerxendo no campo da vela concretamente porque, como non debe ser doutra maneira, o clube é un referente en vela”.
Coto sinalou que “este ano creíamos que íamos rematar a semana náutica nos seus prazos de tempo, pero vímonos desbordados porque moitos socios do Real Club Náutico de Ribadeo nos propuxeron facer máis regatas. E así chegamos á última regata de peche o mércores e a continuación tivemos a entrega de premios, que foi todo un éxito pola cantidade de regatistas que houbo de cruceros, de botes, doutras regatas que se fixeron, e a grande cantidade de participantes que veu á entrega de premios. A xente esta ilusionadísima e pídenos que non baixemos o nivel para que o ano que ven poidamos superarnos outra vez máis”.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo manifestou que “este ano tamén nos desbordou o éxito da festa do socio do Real Club Náutico, que chegou á súa cuarta edición, porque empezou a facela esta xunta directiva actual. Saiunos todo de maravilla, hai un traballo importantísimo que se desenvolve antes e despois da cea, que o fan os membros da directiva traballando arreo todos e outras persoas que colaboran con nós. Saiu unha ceaa estupenda, que eu creo que estivo moi ben, e para os anos vindeiros si sigue a actual directiva, porque este ano haberá eleccións no Real Club Náutico e volvemos presentarnos para seguir cos nosos proxectos, continuaremos na mesma líña”. E engadiu que “si hai unha directiva nova creo que debe seguir con esto que está funcionando e non paralizalo, porque o Real Club Náutico de Ribadeo nestes momentos é imparable nos eventos da semana náutica, na vela, nos cursos que se fan para os nenos, que hai un despliegue enorme aorredor deso nos últimos anos. Hai que continualo e darlle a magnitude que merece ter o Real Club e cuidalo moito. Pola nosa parte imos seguir no mesmo camiño”.
Mario Coto lembrou que “na cea deste ano, na que houbo máis de 700 persoas comendo, coa actuación dun grupo de gaitas e dun dj con música, todo mui agradable, e un socio díxolle a un directivo que saíra moi ben a cea, todo estivo estupendo, pero preguntaba cómo poidamos facer porque a cuota do socio é de 50 euros e comeron dous. Ten unha explicación moi fácil, non temos ningunha hipoteca nin ningún crédito sobre o clube, témolo prácticamente, como debe ser, saneado, como se pode ver nas contas, que están aí. É merito do traballo persoal con esforzo dos directivos e dos colaboradores, como Melchor que nos axuda moito incluso a traer outros colaboradores. O traballo ese si se valorara en diñeiro sería moi caro, pero como é gratis por iso saen esas contas”.
Coto tamén aludiu aos cursos de buceo e ás inmersións realizadas estes meses, “tamén temos unha grande proxección polo acordo coa asociación de buceo Illa Pancha e estamos con cursiños, que acaban hoxe, pero faranse outros máis. Teño que destacar o ben que actúa o responsable que está levando o convenio da sección de buceo do Clube Náutico cos da asociación Illa Pancha, que é Javier Gallego, unha persoa traballadora. Estamos vendo un movemento de actividade, de xente que ven a cargar as botellas, a saber cando hai un curso ou unha saída. Eu levei unha sorpresa grande ao comprobar que hai tanta afición a bucear e é outra das cousas que nos vai estupendamente e estou moi contento por ter feito ese convenio entre Illa Pancha e a nosa sección de buceo”.
O presidente do RCNR tivo palabras de agradecemento “para todos os colaboradores, a todos os socios polo seu comportamento e o saber estar no Real Club Náutico de Ribadeo. Imos seguir adiante e esperamos que os próximos anos sexan incluso mellores que este 2012”.