O programa Parolando da Radio Valadouro dedicou o coloquio a situación dos humedais na Mariña
redac
O programa Parolando da Radio Valadouro dedicou o seu coloquio final á difícil situación en que se atopan algúns dos humedais da nosa Mariña Lucense, así como as aves que os visitan ou os habitan. Debateron neste coloquio o gardarríos Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, o afeccionado ás aves natural do Valadouro Pedro Rolle e o representante da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Na entrevista da sección de Xuventude visitáronos Belinda Amor e David Ramos, membros da orquestra Grupo Fénix de Foz, que nos falaron de como é a vida das orquestras durante a temporada de verán e nos contaron como xurdiu e foi formándose o seu grupo musical. Na entrevista cultural de “O Desván”, dirixida por Matías Nicieza, estivo connosco Marco Uría, Presidente da Asociación Cultural “Amado Lar” do Valadouro, que nos contou a multitude de actividades que está a organizar o seu colectivo.