Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela asegura que os datos que o propio concello expón nos tablóns dos areais non din que a situación sexa precisamente excelente

Dende a comisión executiva do PSdeG-PSOE de Burela asistimos atónitos á aparición nos medios de comunicación fai uns días dunha noticia que daba o goberno municipal de Burela, comandado polo Sr. Barcia e a concelleira de turno, chufando a súa labor no bo estado dos areais de Burela, non deixa de sorprendernos que se diga que o estado dos areais é excelente cando, según se pode comprobar pola foto que adxuntamos á nota de prensa, os datos que o propio concello expón nos tablóns que se colocan nos areais non din que a situación sexa precisamente excelente, segundo a foto sacada o día 15 de agosto, temos polo menos dous areais que de excelentes nada, por non falar do mal funcionamento de duchas e lavapés . Queremos instar ó goberno municipal a que se poña a traballar e se deixe de actos de propaganda barata na que toma ós vecinos de Burela por parvos, calquera que pase polos tablóns ou use algunha das duchas con deficiencias pode ver o que estamos a criticar, e non vaia a ser que se esté a poñer en risco a saúde dos veciños e veciñas, así como a dos nosos visitantes, máis tendo en conta que moitos nenos usan os nosos areais sendo máis vulnerables a estas deficiencias.

Noutro orde de cousas pedir tamén que se poña solución ós cheiros que teñen que soportar os veciños da zona do porto e os usuarios da Moncloa e da Cruz Roxa, do que tamén enviamos foto de situación, que fan que o transitar pola mencionada zona se faga cando menos incómodo, e que a imaxe desa zona do pobo non sexa a mellor que se pode dar e máis tendo en conta que a escasos metros se atopa a oficina de información turística, así como contedores de basura que desprenden un cheiro insoportable en algunhas rúas do noso pobo.

Pedimos ó equipo de goberno que anden polo pobo para poder comprobar estas deficiencias e que lle poñan unha solución real á maior brevidade xa que os veciños e veciñas de Burela non merecen soportar estas situacións pola inoperancia dun goberno que parece que está instaurado na oposición e que non se deu aínda conta de que os veciños os elexiron para gobernar e non para facer oposición, esa función de momento, é a que debe de exercer o noso partido e así o seguiremos a facer en todas aqueles temas que entendamos que non se están a facer como os veciños e veciñas de Burela se merecen.

Exit mobile version