Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela critica o goberno do concello pola falta de austeridade económica

Dende a comisión executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos criticar e poñer de
manifesto a dobre moral do noso alcalde e do seu equipo de goberno. Dicimos isto polas
verbas que comunicaba o PP na campaña electoral, onde pregoaban “O PP reitera a
petición de rigor económico e control do gasto”. Parece ser que un ano despois a
situación é distinta, e priman outras cousas. Parece ser que agora as prioridades son as
necesidades do alcalde e dos concelleiros, deixando nun segundo plano as necesidades
dos veciños e veciñas de Burela.
Nun ano onde se cansaron de pregoar a famosa “austeridade”, onde se recortaron
servizos e se subiron impostos, encontramos que se gastan en comilonas e picoteos a
frivolidade de 5.030,15 euros. Un exemplo moi significativo do que dicimos, son dúas
comidas feitas durante as festas de Burela que suman a escandalosa cantidade de 1.862,
63 euros (309.915 pesetas), este si que é un exemplo de “austeridade”.
Como o soldo lles parece pequeno pasan a desempeñar o papel de falso xestor.
Viaxan continuamente có único fin de aumentar os seus ingresos e poder así sacarse un
sobresoldo, isto supúxolle ó concello un gasto de 6.036,33 euros (1.004.361 pesetas),
para non conseguir nin unha soa inversión importante para o noso pobo.
Isto sumado ós 100.559 euros (16.731.609 pesetas) que teñen de soldo dan un
gasto anual ós veciños de Burela de 111.625, 48 euros (18.572.917 pesetas), neste ano
tan “austero”, non houbo cartos para alumear as farolas, para as luces do Nadal e apoiar
o comercio, para fomentar o deporte en idade escolar, para a cultura, para as
asociacións…, iso si, o noso alcalde ten o valor e a desfachatez de vendernos na prensa
“non hai cartos, a situación é a que é”.
Dende o PSdG-PSOE, pedímoslle que se eliminen este tipo de partidas
presupostaras e que eses cartos se invistan en servizos para os veciños e veciñas de
Burela

Exit mobile version