Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo agarda consensuar unha petición a Industria para solventar os problemas coas lecturas da luz

OS SOCIALISTAS ESPERAN CONSENSUAR CO GOBERNO UNHA PETICIÓN CONXUNTA Ó MINISTERIO DE INDUSTRIA PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS COAS LECTURAS DA LUZ

-Aseguran que “son moitas as queixas transmitidas polos veciños nestes últimos días e nós, como representantes, temos a obriga de poñerlle solución”

-O GMS presentou unha solicitude no Concello pedindo “a convocatoria urxente dunha Xunta de Portavoces para tratar o asunto conxuntamente”

CERVO, 3 DE AGOSTO. O Grupo Municipal Socialista de Cervo vén de presentar unha solicitude no Concello para instar ó alcalde, Alfonso Villares, a convocar de forma urxente unha Xunta de Portavoces na que “cheguemos a un acordo para solucionar os problemas e erros que están sufrindo os veciños nas lecturas de contadores da luz”.

Os socialistas aseguran que son moitos os cervenses que “nos trasladaron as queixas, como erros na descripción do número de contador, lecturas esaxeradas… Nós, como representantes da veciñanza, temos a responsabilidade de facer todo o posible para poñerlle solución a este asunto”.

Por todo iso, dende o GMS esperan “chegar a un consenso co equipo de goberno para enviar unha petición conxunta solicitando medidas urxentes ó Ministerio de Industria co fin de frear e repoñer os danos económicos que se están a causar ós nosos veciños”. Alégranse tamén da actitude positiva de Villares ante este tema xa que “unha vez rexistrada a solicitude, falamos en persoa co alcalde e amosouse moi receptivo á hora de transmitirlle a nosa petición”.

Exit mobile version