Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo aseguran que non rexistraron alegacións aos presupostos xa que o alcalde non aceptou ningunha proposta

OS SOCIALISTAS ASEGURAN NON TER REXISTRADO ALEGACIÓNS ÓS PRESUPOSTOS XA QUE VILLARES NON ACEPTOU NINGUNHA DAS PROPOSTAS PRESENTADAS

-Afirman estar totalmente en contra destes orzamentos, pero “tomamos esta decisión vendo que tódalas enmedas presentadas polos compañeiros do BNG, coas que estábamos de acordo, foron rexeitadas”

-Dende o GMS subliñan que “se o concello decide rectificar e cambiar de actitude, rexistraremos as nosas iniciativas coa esperanza de que sexan tidas en conta”

CERVO, 27 DE AGOSTO. Os membros do Grupo Municipal Socialista pregúntanse, á vista das últimas declaracións do alcalde, Alfonso Villares, nas que critica a súa postura por non ter presentado alegacións ós presupostos “se o rexedor cambiará de actitude e terá consideración polas propostas que presentamos dende a oposición”.

Esperaban este “modus operandi” do señor Villares porque “así adoita actuar, cando presentamos enmendas non as acepta e cando non as presentamos, critica que non o fagamos. Decidimos non rexistrar ningunha alegación vendo que as dos nosos compañeiros do BNG, que coincidían coas nosas ideas, foron rexeitadas no pleno”.

Os socialistas aseguran que “os populares de Cervo teñen nula consideración polo traballo que densenvove a oposición, pero se o equipo de goberno decide rectificar e vai valorar as nosas propostas, volveremos a colaborar sen dúbida coa esperanza de que nos teñan en conta”.

Dende o GMS lembráronlle ó alcalde que “dende o primeiro momento votamos en contra dos orzamentos presentados polo equipo de goberno o pasado mes de xullo, porque consisten básicamente en recadar máis impostos para o goberno central, autonómico e municipal a cambio de nada, así o dixemos e reflexamos no pleno”.

Engaden que “non ten ningún sentido que diga que cambiamos de opinión xa que é moi difícil asimilar estas contas como beneficiosas para Cervo. Recordámoslle que votar en contra significa estar en desacordo. Pode ser que o alcalde non saiba o que é estar a favor ou en contra, á vista do que fan os seus compañeiros de partido e o seu xefe de filas, Mariano Rajoy, que tan pronto asegura unha cousa como, ó día seguinte, fai a contraria”.

Exit mobile version