Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo lamenta que o alcalde non convidara a corporación á homenaxe á S.D. Candelaria

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O ALCALDE FAGA UN USO PARTIDISTA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO NON CONVIDANDO ÓS GRUPOS DA OPOSICIÓN

-A homenaxe á SD Candelaria que tivo lugar esta fin de semana é o último evento no que amosaron a súa constante falta de respeto, “que saibamos, este recoñecemento vén de parte do Concello non do PP”

-Os membros do GMS preguntaron os motivos desta actitude no último pleno pero “non obtivemos resposta, agardamos unha explicación e esiximos máis respeto por tódolos veciños ós que representamos”

CERVO, 21 DE AGOSTO. Os socialistas de Cervo lamentan que o alcalde, Alfonso Villares, non convidara ó resto da corporación a acudir á homenaxe que tivo lugar esta fin de semana á Sociedade Deportiva Candelaria, “é unha falta de respeto total e absoluta por parte de Villares non comunicar o acto a tódolos concelleiros. Dende o Concello pretende ningunear ós grupos da oposición e esquécese moi a menudo de que son tres, as forzas políticas, que representan ós veciños”.

Ésta non é a primeira vez que o señor Villares amosa esta actitude, os membros do Grupo Municipal Socialista lembran que “xa dende o ano pasado vimos observando o proceder do rexedor cervense e vemos como segue na mesma liña”.

Ademais da falta de educación amosada polo equipo de goberno, este comportamento demostra un uso partidista esaxerado da administración local, “que saibamos a homenaxe vén de parte do Concello non do Partido Popular. O señor Villares non está obviando ó GMS senón que se está esquecendo de tódolos veciños ós que representamos”.

Dende o PSOE de Cervo aseguran que “no último pleno planteamos esta cuestión e preguntamos os motivos desta forma de actuar. Por suposto, non tivemos resposta algunha”. Esperan unha explicación no vindeiro pleno e esixen “máis respeto para tódolos veciños e os seus representantes, pois desta forma non están tendo en conta a todos por igual”.

Exit mobile version