Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo cualifica de sectaria a actitude da Xunta con respecto da praia das Catedrais

Declaracións do portravoz municipal Eduardo Gutiérrez

CALIFICA DE SECTARIA A ACTITUDE DA XUNTA A RESPEITO DA PRAIA DAS CATEDRAIS

Como todo o mundo sabe, a Xunta decidiu non incluir a para das Catedrais como marca turística de Galiza. Tanto ten que o lugar reciba algúns anos case tantas visitas como a catedral de Santiago, porque na empresa Turgalicia aniñan mentes tan preclaras, que non saben moito destas cousas, pero si de sectarismo. Xa non é que non invistan nen un can neste atractivo paraxe, senón que o desprezan do ponto de vista declarativo. Ven de vello. Ainda lembro a acendida defensa que un conselleiro de Medio Ambiente fixo sobre unha exótica instalación a pé de praia, naturalmente aparte dunha exhibición de malos modos e dun colaborador necesario, daquela á fronte do Concello.

O sentido institucional esixe diferenciar entre a cor política e os intereses xerais. Nós mesmos, en numerosas ocasións, igual que o grupo que sostén a Xunta, discrepamos da política que leva o alcalde de Ribadeo, e mesmo de algúns dos seus xestos. Pero presentamos unha moción perante o Plano do Concello, que foi aprobada, incorporando proposras do grupo maioritario. Porque o importante é o recurso en si mesmo e a potencialidade que ten para toda a Mariña luguesa. E xa vai sendo hora de que ese aspecto pase a primeiro plano. Asi o entendeu –por unanimidade–, o Concello de Burela aprobando unha moción socialista, un estilo por certo que hai que valorar.

A actitude da Xunta non é de recibo, en absoluto. E desde logo vai constituir un ponto a considerar á hora de valorar o seu labor durante estes catro anos a piques de rematar

Exit mobile version