Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE explica que dubida da austeridade que promulga o goberno de Burela, non de que os gastos estivera abalados por facturas

Dende a comisión executiva do PSdG-PSOE de Burela, vémonos na obriga de respostar ó Sr Barcia no seu burdo intento de xustificar o inxustificable. Dende o PSdG-PSOE en ningún momento puxemos en dúbida que os gastos estiveran xustificados e abalados por facturas, faltaría máis que non o estiveran, o que poñemos en dúbida é si a “austeridade” que promulga o noso alcalde e que supón a supresión de servizos, corte de alumeado público, falta de axudas a asociacións e clubs deportivos, suba de impostos, etc…pode ser compatible con gastar 1862,63 euros (309.915 pesetas) en comidas nas festas de Burela, só lle pedimos que lle explique isto ós veciños. E aínda non llo explicou.

Aparte disto o Sr. Barcia ten o problema de que é un mentiroso compulsivo, e falta á verdade cando di que estas comidas se facían no anterior goberno, unha das comidas por valor de 766,42 euros celebrouse, por primeira vez, nun restaurante, e a outra que era a que se celebraba normalmente incrementou o seu valor ó dobre cun valor de 1096,21 euros e foi celebrada nun restaurante distinto da primeira, as comidas que estamos a criticar non se fixeron no mesmo restaurante como pretende facer ver ós veciños de Burela, unha vez máis trata ós veciños de Burela por parvos.

Di que o Sr Llano presentou 2000 euros en dietas, pero nin comparación ten cós 6036,33 euros que leva gastado este goberno, có agravante que os viaxes do Sr Barcia non valen para nada importante para o pobo, non consegue nada, e o Sr Llano deixou 1.000.000 de euros en obras da Deputación de Lugo para Burela que de momento é o que pode aportar o Sr Barcia ós veciños de Burela en canto a obras no concello dende a súa chegada. Debería de darlle ás grazas ó Sr Llano por deixar feita esta xestión.

Dende o PSdG-PSOE non pretendemos darlle leccións de nada, o único que lle pedimos ó Sr Barcia e ó seu equipo de goberno é que lle expliquen ós veciños de Burela si o que dicimos é mentira e que lles expliquen como, mentres nos quitan servizos e nos soben impostos, son capaces de derrochar ós seus cartos en viaxes e comilonas. Que o expliquen si é que poden, ¿qué pensarán os nosos xubilados ós que lles quitaron a comida de celebración do seu día vendo estas cousas? Seguro que non estarán moi ledos coa maneira que o noso alcalde aplica a súa famosa “austeridade”.

Por último, pedirlle ó Sr Barcia que goberne que non actúe como si fora oposición, esa función xa a faremos nós, que non se preocupe. Que cumpra o programa electoral có que moito nos tememos enganou ós veciños de Burela, e que se deixe de falar de “austeridade” para os demais e que a aplique para él e o seu equipo de goberno, e lle recomendamos que non despilfarren os cartos dos veciños e veciñas de Burela.

Exit mobile version