Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Mercados de Verán de Mondoñedo chegan ao seu ecuador no Domingo Fresco adicado á xudía

Os Mercados de Verán de Mondoñedo chegan ó seu ecuador no Domingo Fresco adicado á Xudía.

Os Mercados de Verán en Mondoñedo continúan esta semana coa celebración, este domingo día 5 de agosto, co Día da Xudía. Neste fin de semana de abundantes e multitudinarias citas culturais na Mariña, os Mercados seguen a atraer a un público fiel que gusta do ambente que se crea nas Prazas de Mondoñedo.

Arredor da xudía xirarán o show-cooking e a degustación gratuita, a cargo nesta ocasión da poeta (da escrita e da mesa) Marina Oural, que servirá unha ensalada morna e máis un guiso bicolor, xuntando ás protagonistas do día coas súas curmás as fabas de Lourenzá.

Durante toda a mañá, e como ven sendo costume nos Domingos Frescos, haberá obradoiros para nenos e maiores, e Radio Rabiza radiará a crónica do que aconteza na Praza, ademáis de glosar as virtudes do producto do día.

Só engadir que a partir deste Domingo únense á oferta de actividades dos Mercados de Verán algúns establecementos de hostelería de Mondoñedo, que entre as súas tapas incluirán algunhas elaboradas co producto do día.

A próxima semana os Mercados de Verán descansarán, habida conta de que se celebra o Mercado Medieval de Mondoñedo durante a próxima fin de semana. Voltarán cun novo Xoves con Xeito xa o día 16 de agosto.

Exit mobile version