Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos e nenas do programa Construindo o verán do Concello de Ribadeo pasaron un día na praia de Lóngara

OS RAPACES DO PROGRAMA CONSTRUINDO O VERÁN DO CONCELLO DISFRUTARON DUN DÍA DE PRAIA EN LÓNGARA. A MAIORÍA ASISTIRON A UNHA CLASE DE SURF E O RESTO PASOU UNHAS HORAS DE LECER NO AREAL.

Ribadeo, 6 de agosto de 2012. Os nenos e nenas do programa Construindo o verán do Concello de Ribadeo pasaron un día na praia de Lóngara, uns participando no seu bautismo no surf e outros disfrutando do areal, segundo informa a Concellaría de Servizos Sociais.

A edil nacionalista Teresa González Piñeiroa explicou que “o pasado xoves un grupo de 25 rapaces do programa Construindo o verán foron á praia de Lóngara. Dezasete deles iniciáronse no surf e os outros oito, os que non sabían nadar, disfrutaron dunha xornada distendida neste areal barreirense”. A clase de surf desenvolvéuse de catro a sete da tarde. A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “a actividade fóinos ofertada de xeito totalmente gratuito por unha asociación que se acaba de constituir en Barreiros, North Shore Surf Club, en colaboración con Hola!Ola e Surf Escola Sensación. Quero agradecerlles en nome do Concello de Ribadeo este xesto para que os nenos deste programa puidesen achegarse á práctica dese deporte”.

González Piñeiroa lembrou que “no programa Construindo o verán están a participar máis de 30 nenos e nenas de Ribadeo, e con eles están a traballar catro voluntarias ademáis da educadora familiar. As xornadas dos venres están adicadas á realización de diferentes obradoiros, que son impartidos polos técnicos municipais do Concello”.

Exit mobile version