Dende o PP de Ribadeo unha vez máis, e estamos seguros que non ha de ser a última, temos que pedirlle ao Alcalde que non engane aos veciños, que non lles conte medias verdades, e que conte as cousas tal e como son.
Resulta rexeitable que o Alcalde, Fernando Suarez, entre a opinar e a por en tela de xuizo os soldos e retribucións doutros Alcaldes comparando os co seu, e oculte a verdade do que realmente sobre este asunto está a pasar no noso concello.
Dende logo o Alcalde non pode faltar a verdade no que respecta ao seu soldo, dato que é aprobado anualmente nos presupostos do Concello e que está ahí para coñecemento de todos, retribución que, con non ser das máis elevadas o certo é que está bastante por riba do salario medio dun traballador, máxime se temos en conta, o que non se dí e se agocha aos veciños, que son as outras retribucións que dende o Concello se aboan en contratacións directas de persoal ao servicio da Alcaldía, tal como pode ser o posto da Secretaria do Alcalde, ou ben o que o Concello aboa por contratacións externos como é o gabinete de comunicación contratado, igualmente, para servicio exclusivo da Alcaldía, prestacions económicas ámbalas dúas que, engadidas ao salario anual do Alcalde fan que as retribucions que abona o Concello de Ribadeo por prestacions para uso exclusivo do Alcalde anda preto dos 63.000€/ano, o que ven situalo moi por riba dos Concellos próximos, e preto dos mellor pagados da provincia, o que nos leva a afirmar que o Alcalde na relación “traballo –salario” resulta ben pagado … e ainda máis, se temos en conta o feito de que, no noso Concello temos un Concelleiro cunha dedicación exclusiva aboada pola Deputación Provincial, o que lle permite estar e prestar os seus servicios con carácter exclusivo no Concello, o que contribue a liberar a carga de traballo do Alcalde.
Pedímoslle ao Alcalde que non se agoche falando sobre o que fan noutros Concellos, e que se preocupe do que realmente esta a pasar na nosa Vila, onde nestos momentos as retribucións que, entre contratacións directas e externas, se abonan dende o Concello para prestar servicio exclusivo da Alcaldía, resultan excesivas polo que, lle pedimos que recurte nestos gastos e acorde prescindir dalgúns destes servicios que resultan superfluos e innecesarios, e deste xeito contribúa a garantir a sostenibilidade e o mantemento da prestación doutros servicios públicos, que sí resultan básicos para o noso Concello.