Site icon Crónica3.com A Mariña

Perigosa estrada en Lourenzá

Unha vez máis, teño que protestar e queixarme, do que para min é unha aldraxe, que se está a cometer coa parroquia de San Xorxe, en Lourenzá.
Resulta que hai máis dun ano que na estrada que vai de San Xorxe a Canedo, produciuse unha gran depresión ou badén, por mor do afundimento dunha tubaxe, o que leva a un grave perigo para os coches que pasan por alí. A estrada depende da Deputación de Lugo, que se limitou a poñer as sinais de badén e límite da velocidade. Nada máis e cada día está peor. O que máis me doe e cabrea e que haxa cartos para viaxes, comidas, enchedelas varias, e parece que non hai para aquilo necesario.
Para que pagamos impostos? Para que os administren tan mal? Son dos que sempre opinei que cartos hainos, neste país, o que hai e moi mala administración.

Brais 46

Exit mobile version