Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Ribadeo o libro de Primi Nécega, Cuentos y relatos de Primi

O Cine Teatro de Ribadeo acolleu a presentación do libro de Primi Nécega, articulista local, Cuentos y relatos de Primi, que viu a luz grazas á esponsorización da Fundación Herderos de la Mar. Arrouparon a Primi Nécega neste acto, entre outos,  o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o director do semanario La Comarca del Eo, Javier Rivera; e a presidenta da Fundación Herderos de la Mar, Marisol Moreda. Todos os intervenientes destacaron o traballo de articulista realizado ao longo de moitos anos. O libro Cuentos y relatos de Primi é unha recompilación dos centos de artigos que escribiu e publicou a autora e doutros inéditos. O libro de Primi Nécega presentarase o próximo 18 de agosto en Foz.

Exit mobile version