Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 10 mil persoas acudiron o sábado a Burela a disfrutar da festa do bonito e de Produart

A OCUPACIÓN HOTELERIA RONDOU EN BURELA O 100% A PASADA FIN DE SEMANA. ENTRE OITO E DEZ MIL PERSOAS DISFRUTARON O SÁBADO DA FESTA DO BONITO E DE PRODUART, SEGUNDO OS DATOS QUE DEU A COÑECER O ALCALDE.

Burela, 6 de agosto de 2012. Entre oito e dez mil persoas acudiron o sábado a Burela a disfrutar da festa do bonito e de Produart, segundo os datos que daba a coñecer este mediodía o alcalde. José Mª González Barcia dixo que a pasada fin de semana a ocupación hoteleira rondou o 100%.

O rexedor sinalou que “logo de pasada a primeiro fin de semana de agosto na que celebramos en Burela a vixésimo oitava edición da Festa do Bonito e a décima edición da feira de artesanía e de produtos ecolóxicos Produart o balance que queda a nivel global é francamente positivo. Tanto nunha celebración como na outra, tanto na Festa do bonito como en Produart, houbo moitísima xente. Nós estimamos que o sábado puido haber en Burela entre 8.000 e 10.000 persoas tranquilamente”. González Barcia indicou que “as visitas a Produart foron tamén considerables. O volume económico, sen ter agora mesmo cifras exactas, sí se pode considerar satisfactorio, segundo palabras dos propios expositores, tendo en conta a situación que vivimos. E tamén a feira de antigüidades cumpriu, aínda que non de forma ampla, as súas expectativas”.

O equipo de goberno cre que “esta fin de semana foi positiva para o tecido socioeconómico burelés, tanto é así que a ocupación hoteleira estivo prácticamente durante toda o fin de semana moi cerca do cen por cen. Son datos que animan a seguir traballando, que animan a continuar organizando esta primeira fin de semana de agosto, que xa ten renome en toda A Mariña, e que animan, en definitiva, a seguir buscando colaboración entre as distintas asociacións, colectivos, institucións, empresas, … para continuar traballando para definir un verán en Burela cargado de actividades e de atractivo para a xente de aquí e para a que vén de fóra”.

Exit mobile version