
En primeiro lugar Matías Nicieza, na súa sección “O Desván”, entrevistou a Mercedes González Alonso, concelleira de Cultura de Foz, que falou dos eventos culturais no seu concello nos vindeiros días, como son a Festa do Marisco, a Feira do Libro, O Certame de Teatro ou a Festa Normanda. Matías Nicieza falou tamén con José Carlos Paleo, presidente da ACIA de Foz. Na sección de Xuventude, Ruth Rodríguez, que substituíu a Sabela Quirós, entrevistou á monologuista e actriz Carmen Conde. Agustín Fernández, Martín González e Pepe de Xermán falaron, como sempre, de literatura e curiosidades. Finalmente, o coloquio estivo dedicado á antiga mili, e nel participaron Alberto Geada “Buyo”, Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Juan García, Manuel Lorenzo “Espinete” e Luís Yáñez