NOTA INFORMATIVA CLAUSURA DO TALLER INTERNACIONAL DE SARGADELOS
Completouse a participación nestas xornadas con Rainier González e Ismael Vázquez, Xefe da sección de Gastronomía e responsable da sección de rehabilitación de Obispos respectivamente, pertencentes a Oficina del Historiador de la Habana. Participaron nestas Xornadas de Cerámica e Gastronomía organizadas coa colaboración do Concello de Cervo.
Paralelamente inaugurouse unha exposición, na planta circular de Sargadelos, do traballo experimental realizado cos alumnos de arquitectura de CESUGA, A Coruña e o departamento de Deseño de Sargadelos, o exerc io consistiu en crear espacios arquirtectónicos e o deseño de mobiliario urbano a partir de pezas de cerámica, en especial dunha cafeteira modelo Pomba.
Ademáis dos traballos no taller con pastas de gres, refractario e porcelana, os participantes asistiron a unha interesante conferencia impartida polo director do Instituto de Cerámica de Galicia, Prof. Francisco Guitián, sobre os novos materiais cerámicos: biocerámica, fibras para reforzo de vestimenta de seguridade, monocristais para ventás de guiado de misiles, etc.
O acto de selección das pezas dos participantes terá lugar as 12 h no propio taller, onde se van atopar expostas todas as pezas que foron elaboradas durante os 15 días de traballo.