Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo nomeará fillo predilecto a Víctor Moro e fillos adoptivos a John Rutherford e José Calavera

O CONCELLO NOMEARÁ FILLO PREDILECTO A VÍCTOR MORO, E FILLOS ADOPTIVOS A JOHN RUTHERFORD E JOSÉ CALAVERA. SERÁ NUNHA SESIÓN PLENARIA PREVISTA PARA ESTE XOVES E O DOMINGO OS TRES PERSOEIROS RECIBIRÁN DITAS DISTINCIÓNS.

Ribadeo, 28 de agosto de 2012. O vindeiro xoves, 30 de agosto, ás 20 horas celebraráse un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo co obxectivo de aprobar o expedente para a concesión do título de fillo predilecto a Víctor Moro, e de fillos adoptivos a John Rutherford e José Calavera Ruiz.

Segundo o regulamento de honras e distincións do Concello éste será o momento en que a Corporación Municipal acorde darlles ditas distincións a Víctor Moro, John Rutherford e José Calavera. E o vindeiro domingo, 2 de setembro, noutra sesión plenaria extraordinaria faráselles entrega das mesmas. O pleno do domingo será ás 11:30 da mañá.

Exit mobile version