Site icon Crónica3.com A Mariña

A agrupación Saiñas de Xove organiza o festival de verán no que actuarán tódolos grupos da asociación

SAIÑAS ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU FESTIVAL DE VERÁN

Un ano máis, Saiñas organiza o seu tradicional FESTIVAL, este ano na súa XXIXª Edición. O Festival vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o venres 17 de agosto a partires das 21:0 horas.

No Festival van participar tódolos grupos da Asociación; en orde de idade: “Cacharelas” os máis peques, “Ñáñaras”, “Saiñas”, grupo de cantareiros/as e grupo de gaitas e percusión.

Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñans, así como a tódolos visitantes nesta Festas Patronais.

Exit mobile version