Site icon Crónica3.com A Mariña

Todo un cabaleiro de Pero Pardo de Cela

TODO UN CABALEIRO DE PERO PARDO DE CELA

A o mediodía do sábado, ala por as terras do Valadouro, unha confraría de amigos da historia, do paisaxe e do paisanaxe impóñenme os atributos de “Cabaleiro de D. Pero Pardo de cela”.
Claro que teño antecedentes nisto de nomeamentos, fai dúas décadas a “Cofradia da Alquitara de Portomarín” nomeoume membro da mesma ala nun domingo de Pascua cheo de procesións, discursos , bo xantar e degustación de augardentes da ribeiras do Miño. Facíame dito honor por ter deseñado unha peciña de cerámica en homenaxe a unha fraseciña de outro Otero, esta vez co segundo de Pedraño dentro de unha obra de teatro que lle facía falar á alquitara…”eu son un cacharro de outro tempo….
Pero vamos ao de hoxe, comigo seica van nomear a un conde de Fontao, veciño, teño algunha leira testando co condado e xuntos pero non revoltos cuitamos para que os políticos non levaran a merda de Foz para os Montes da Aguieira de san Xulián, e véncemos.
Tamén nomean a unha escritora con fundación encol do mundo do mar e alguén máis….pero ¿A que debo eu esta honra? Pois os “mandamáis do asunto son un ex profesor meu Puchades e un bo amigo Suso do Bahía, cronista oficial de Foz e ámbolos dous boa xente e mellores persoas, supoño eu que iso de algo valeu. E que mais? Pois podería ser por os meus ancestros que proceden das terras de Oirán e Lagoa e o meu tataravó era o cura da igresiña románica que está ao pe do castelo que as lendas máis que a historia nomeárono como propio do Mariscal. Sorprendidos? A miña tataravoa era a criada do señor cura e por mor dos pecados e o ludismo da carne, supoño quedou preñada, o bispo de Mondoñedo, non veu ben tal asunto carnal e buscaron unha solución casar a miña tataravoa cun viúvo de Fazouro, alí se criou e viviu case cen anos a miña bisavoa Rosa do Pero.
Algunha outra razón para tal nomeamento? Pois un que naceu en casa allea e máis pobre que unha araña, ao largo dos anos chegou a ter un Pazo, o da Trave en Galdo, que pertenceu como o coto aos Vivero, Enrique terceiro mercou o Coto de Galdo ao bispo de Mondoñedo para o seu contador e notario Juan Pérez de Vivero, este morto por as malas mañas do Condestable de Castela Alvaro de Luna, deixou en descendencia ao seu fillo e primeiro Vizconde de Altamira cuxa descendencia manteno ata a súa desaparición a primeiros do século IXX. Pero Pardo de Cela que tivo propiedades, aínda existentes no lugar de Carballo de Galdo foi Merino dos Vivero en Galdo e a bo seguro estivo na torre defensiva da Trave que despois foi Pazo, así que as nosas pasadas coincidiron en lugar pero non no tempo.
Quizabes tamén se tivo en conta o meu nacemento en Nois, Sión ao revés, pero esta e outra historia, pois como administrados dos bens do bispado Pero Pardo de Cela foi merino deste coto que se estendía por Cordido, Moucide, Cangas, Burela e Fazouro.
Tamén existe outro vinculo moi curioso entre a miña humilde vida e D. Pero Pardo de Cela. No resto do arquivo do Convento Dominico de Viveiro existe un documento no que exerce como testigo o propio padre de Pero Pardo: Xoán Nunes Pardo , que o parecer era da zoa das Mariñas de Betanzos, e en outro fala do enterro do mesmo no citado convento dominico.
Cando a Desamortización de Mendizábal en Viveiro tirouse o Convento dos Dominicos, sendo alcalde Garcia Doriga que era o propietario da Curtiduría de Xunqueira, este aproveitou as pedras do claustro para facer a ampliación da curtiduría e rexeu a zoa central, hoxe xardíns con restos do interior da igrexa donica onde enterraban as xentes ricas da bisbarra, esa curtiduría é hoxe, unha vez restaurada, RegalXunqueira, e cando fixemos as obras e tivemos que escavar nos xardíns apareceron centos de ósos humanos, ao primeiro cremos que era un enterramento clandestino e ligado a un crime pero logo decatámonos de que eran os ósos dos ricos que poboaron o alfoz de Viveiro e alí seguen, así que cun pouco de sorte os restos dos ósos do pai do Mariscal están no meu xardín , hoxe bautizado como o Souto da escultura en Regal Xunqueira.
E Pero Pardo de Cela home controvertido na historia, uns póñeno como heroe outros como vilán eu vou apostar por o primeiro, xa que agora son un dos seus cabaleiros.
De min a trista Frouseira
Que por treizon soi vendida
Derribada na riveira
Ca xamais se veu vencida.
Por traizon tamén venderon
Xesús noso redentor
E por aquestes tredores
Pedro Pardo meu señor
Foi Pero Pardo de Cela Rodríguez de Aguiar e Ribadeneyra defensor de Galicia ante a chegada dos reis tramposos que usurparon o poder lexitimo da filla do rei, Pero Pardo xunto coa nobreza galega foi partidario da lexitima chamada A Beltranexa, loitador en contra do que aqueles reis denominaron “Doma e castración de Galicia”, que entre outras moitas cousas trouxo consigo que as capas máis sobresaínte do clero tiveran que ser casteláns, prohibise o idioma galego nas escrituras e os funcionarios e cargos políticos foron casteláns, arrancáronse as oliveiras das ribeiras do Sil, deixouse a Galicia sen representación nas Cortes de Castela entre outros “favores que os galegos debemos a aqueles reis usurpadores que pasaron á historia como Galegos, e contra disto din algúns que estivo Pero Pardo, e como sempre “A livertade pagasesem pre moi cara” e el pagouna coa cabeza separada do corpo .
Os galegos daquela época viron a chegada de fortes impostos para os gastos da monarquía e a irmandade .
Na miña opinión é importante a figura do mariscal na historia de Galicia porque simboliza o fin da Idade Media galega. Xa se que hai moito de mito na chamada polos cronistas reais “doma e castración do reino de Galicia”, pero é que esta frase non foi inventada e dixérona desde fóra de Galicia e Fernando o Católico definía aos galegos como “xentes rudas e feroces.
Por último fun ao dicionario e busqueina o de CABALEIRO e saíume: Que cabalga ou anda da cabalo, entón eu non son merecerte de tal titulo, pois non ando a cuadrúpedo ningún nin teño carnet de tal condución, sego lendo e di: Que se comporta nobre e cortesmente: Bueno algo sae ben, un por o menos inténtao.
Persoa notable: bueno eu prefería un sobresaínte, pero con tempos que corren, tampouco vamos pedir moito.
Pertencente é un club social moi elitista onde só admiten cabaleiros., home eu tamén quixera que houbera mulleres no asunto, non teño nada en contra dos homes solos pero mesturados con mulleres a cousa funciona mas desafogadamente.
Cabaleiro andante Nos libros de cabalerías, personaxe que busca aventuras para demostrar a súa heroísmo e conquistar á súa dama:
a maior aspiración de don Quixote era emular aos cabaleiros andantes.
O que loita en favor de causas nobres: o seu defensa dos dereitos humanos converteuno nun cabaleiro andante. Esta ultima paréceme ben a o fin e o cabo un sempre foi por a vida de Quixote e topeime con máis dunha pala de muíño de vento que me esnaquizou o fociño moral e fisicamente, pero aquí sego, dando guerra e agora co titulo de cabaleiro ao lombo.

Otero Regal

Exit mobile version