Site icon Crónica3.com A Mariña

Un centenar de persoas participaron na carreira popular que se celebrou en Foz

Un centenar de participantes concorreron na 5ª Carreira Popular que tivo lugar na mañá do 15 de agosto. Houbo participación moi variada en idades e achegáronse a Foz non só moitos focenses con gañas de practicar deporte, senón persoas doutras localidades próximas e tamén persoas que pasan as súas vacacións nesta zona.

Despois de facer un percorrido polo fermoso Paseo de Malates, a concelleira de Deportes fixo entrega de medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría e trofeos ao gañador absoluto e gañadora absoluta, así como ao primeiro clasificado nativo de Foz.

Exit mobile version