O programa de festas de Cervo arrinca coa inauguración da exposición de manualidades no Ecomuseo
-A mostra inclúe os traballos realizados polas alumnas dos cursos de palillar, de bordado e costura, e de manualidades
Todos os obxectos que se amosan na mostra foron elaborados nos cursos entre os meses de setembro e xuño polas preto de 30 alumnas que acudían ás clases. Nos últimos anos esta exposición converteuse nunha cita máis das festas patronais de Cervo e faise coincidir con estas celebracións co obxectivo de facela máis visible e que a poidan visitar non só cervenses senón tamén turistas.
A mostra poderase visitar todos os días das festas, ata o sábado, en horario de 18:00 a 20:30 horas agás o día 18, que tamén estará aberta pola mañá. A edil de Cultura, Begoña Alonso, convida á veciñanza e a turistas e visitantes a achegarse ao Ecomuseo para “contemplar una exposición muy interesante, ya que en ella podemos ver el resultado de meses de trabajo y de aprendizaje por parte de las asistentes a los cursos”. Para Alonso “son piezas y creaciones en las que se nota el esfuerzo, la dedicación y la buena mano de las alumnas”
O programa arrinca con este acto, pero as festas comezarán oficialmente coa lectura do pregón, mañá martes, ás 20:00 horas, a cargo de Francisco Javier Blanco Rodríguez, médico de Valladolid que leva máis de 20 anos pasando os veráns na vila de Cervo de forma ininterrompida e que se declara un amante da praia de Rueta, da presa de Sargadelos e do Camiño Real. Ao remate do pregón chegará o momento da degustación na VII Festa do Ovo frito.