Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ amosa a súa satisfacción pola reunión de portavoces para ver alternativas a unha nova EDAR

Unifoz, quere mostrar a súa satisfación pola reunión de portavoces que tivo lugar no día de onte, pois creo que é o primeiro paso que si tiña que dar en este tema, ou sexa antes de facer ningún estudio de alternativas para unha nova EDAR, estudar posibles solucións para a actual, así pois temos que lamentar os meses perdidos por parte do E.goberno en este tema, por non dar os pasos con certo orde dende o primeiro día.

Os veciños de Foz, xa estamos casos de tanto cambio de criterio

– Nos últimos anos a Xunta de Galicia fixo diferentes informes-estudios para dar solución ao tratamento das augas residuais, e como resultado por todos coñecido resulta que temos:

1. Unha EDAR no porto de Foz que NON funciona, a pesar de ser deseñada para 15.000 habitantes e coa última tecnoloxía que, segundo os técnicos, podería case beberse a auga que se verte á ría.

2. Un estudo que decidía unha nova EDAR en Forxán como alternativa á anterior.

3. Un estudo, supostamente feito a medida, que sitúa a nova EDAR en Sarrido.

UNIFOZ, antes de tomar ningunha decisión sobre a construción dunha nova EDAR para Foz, quere que se faga un estudo serio, rigoroso, concluínte do estado de funcionamento da EDAR actual, así como posibles solucións e custo económico das mesmas para mellorar o seu funcionamento.

UNIFOZ, O QUE SI QUERE DEIXAR CLARO E EN LETRAS MAIUSCULAS, e que a decisión que se tome, terá que ser para erradicar de unha vez por todas cheiros para os veciños, así como a contaminación das augas.

Tamén consideramos se faga un estudio do custo do mantemento das diferentes opcións e as súas repercusión sobre os veciños

Así mesmo, solicita un informe valorado do custo dun proxecto de separación de augas pluviais para Foz, pois non parece lóxico que se sigan gastando cartos en depurar masivamente augas pluviais.

Unifoz tamén quere que se faga informe sobre a dimensión real segundo as necesidades da posible construción dunha nova EDAR.

Exit mobile version