Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ denuncia a desidia do goberno do PP de Foz en temas coma o turismo

UNIFOZ, decidiu esperar a pasar a festas patronais para denunciar unha vez máis a desidia do E.goberno do PP de Foz, e temas como o turismo.
Si na ponte do 17 de maio , denunciamos que a Oficina de Turismo permaneceu pechada, resulta que en días pasados e no día que máis xente acude a Foz, como é o 10 de agosto, o como pode ser os luns de agosto, a nosa Oficina permanece pechada, UNIFOZ, comparte como no podía ser de outro xeito o descanso do regulamentario do persoal, pero non podemos compartir a falta de planificación de este E.Goberno, así como a nula aposta pola información turística.

Unifoz, tamén ten que denunciar que este E.Goberno eliminou da praia da Rapadoira un dos servizos que nos definía e destinguía como é a Bibliopraia, servizo este incluído pois de forma fraudulenta no expediente de xustificación para pedir algúns dos galardóns que ten a praia da Rapadoira, pois este Goberno do PP, decidiu eliminar a Bibliopraia, despois de moitos anos funcionando e dando servizo cultural e información turística os cidadáns.
É por si isto fora pouca mostra de desorganización , resulta que mandaron os operarios do Concello, poñer a caseta na praia para despois desmontala.

A nula aposta polo turismo e falta de organización de este E.Goberno, queda demostrado coa denuncia de moitos dos veciños que non entende porque os WC das praias non se abren ata as 12 :00 h ,co conseguinte prexuízo para os veciños, algo bastante fácil de arranxar, pero a desidia de este goberno , e esa forma tan particular de QUERO FOZ, COIDO FOZ.

Exit mobile version