Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ denuncia o acoso por parte do alcalde de Foz sobre algún establecemento comercial

Unifoz, quere denunciar o acoso por parte do Alcalde de Foz sobre algún establecemento comercial, usando a prepotencia e chulería como máxima autoridade do pobo, algo indigno dunha persoa que persume de ser Alcalde de Foz.

Os feitos aconteceron, fai un días cando o Sr Alcalde de paseo familiar, procede a chamarlle a atención ao dono dun establecemento de hostalería e esixíndolle que tiña que ser o propio establecemento o responsable de limpar a beirarrúa e a propia rúa na fronte do local, así como a limpeza do contenedor, e prohibíndolle que poida colocar uns barriles tipo mesa na beirarrúa, e todo isto despois de que o ano pasado primeiro lle dixo que podía poñer unha terraza na rúa e despois de estar instalada e feita a inversión ,fíxolle levantala.

Por todo isto, temos que preguntarlle ao Alcalde de Foz:

Ao amparo de que ordenanza se lle esixe a este establecemento que ten que ser el que limpe a beirarrúa a o contenedor?

Fíxose esa mesma imposición ao resto dos establecementos de hostalería de Foz?

Esíxese ao resto de establecementos da hostalería de Foz que cumpran a normativa regulada na ordenanza de terrazas?

Cumpren coa normativa de terrazas todos os locais de hostalaría de Foz?

Unifoz, pídelle ao Alcalde unha rectificación e unha desculpa polo acoso que está a facer contra este establecemento de forma totalmente inxustificada e inxusta, empregando a prepotencia e chulería.

Exit mobile version