Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ dubida da rigorosidade do informe que encargou o PP de Foz para xustificar a instalación dunha gran EDAR

UNIFOZ, duda da rigorosidade do informe que o PP de Foz encargou para xustificar a súa decisión política de instalación de unha gran EDAR para Foz.
Nos últimos anos a Xunta de Galicia, fixo diferentes informes-estudos para dar solución ao tratamento das augas residuais, e como resultado por todos coñecido, resulta que temos :
Unha EDAR no porto de Foz que non funciona, a pesar de ser deseñada para 15.000 habitantes e coa última tecnoloxía, que segundo os técnicos podería case beberse a auga que se verte a ría.
Un estudio que decidía unha nova EDAR en Forxan, como alternativa a anterior.
Un estudio, feito a medida polo PP, para avalar as palabras do propio Conselleiro que xa dixo na inauguración dos depósitos da auga de Fazouro que esa sería a aposta da Xunta, sen estar feito o estudio.
UNIFOZ, entende que a decisión do PP de Foz de querer construír unha gran EDAR e instalala en Fazouro , inutilizando a actual, sen ter en conta o que se gastou na súa construción, solo obedece a criterios políticos, amparados nun estudio pouco rigoroso feito a medida.
A construción de esa gran EDAR , tería unha repercusión económica importante para os veciños de Foz, polo elevado custo de mantemento, e de suministro eléctrico para bombear os residuos dende o Porto de Foz.
O Alcalde nas súas declaracións anuncia que si os grupos da oposición non apoian a decisión de instalar a EDAR en Sarrido, sairá cos votos favorables do PP, o que quere dicir unha vez mía que a prepotencia dun Alcalde do PP en minoría, pois que sentido ten pois que convoque a Xunta de Portavoces? Non hai posibilidade de consenso político? Por que a decisión do PP, ten que ser si o si.
Unifoz, aconséllalle ao PP de Foz, que facer as cousas con prepotencia e pola forza de ordeno e mando non é camiño a seguir e de facelo traeralle consecuencias.
UNIFOZ, proponlle a o Goberno do PP de Foz, a realización dun informe serio e rigoroso dun estado de funcionamento da EDAR de Foz e as posibles solucións dun correcto funcionamento, así como traballar en proxecto de separación de augas pluviais e residuais para xustificar o desfase entre os datos de suministro de auga e a entrada de augas residuais na EDAR.
Si estás medidas non foran suficientes, propón se deseñen unha EDAR dimensionada ao territorio afectado.

Exit mobile version