Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ ve incoherencias do goberno do PP de Foz e trato discriminatorio coa hostalería

No pasado Pleno da Corporación Municipal de Foz, no apartado de rogos e preguntas ,UNIFOZ preocupouse pola preocupación de algúns locais de hostalería polo trato discriminatorio por parte do E.goberno do PP de Foz.

As incoherencias do E.Goberno do PP de Foz:

Entorno da Rapadoira, mentres polo día prohibimos e sancionamos se algunha persoa utiliza a zona verde para descanso, pola noite pechamos os ollos e miramos para outro lado.

Horarios de peches de locais, mentres a algúns locais se aplica a norma na hora de peche, a outros facemos a vista gorda e miramos para outro lado, pois seria difícil pechar o local estando membros de E.goberno dentro do mesmo a esa hora.

Terrazas , mesas e sillas…mentres a algúns locais se fixo levantar mesas e cadeiras por nun cumprir a ordenanza a outros que a incumpren se mira para outro lado.

Alumeado público, mentres se procede ao apagado de luces en algúns sitios por non consideralas prioritarias, en outros lugares se instalan novos alumeados con puntos non prioritarios.

Unifoz, tamén que denunciar publicamente que despois do cambio de sistema na recollida do lixo a falta de limpeza de contenedores esta a provocar un profundo malestar entre os veciños debido aos cheiros que iso provoca.

Exit mobile version